jueves, 27 de agosto de 2015

Romaría dos Caneiros

Existen noticias da celebración desta festa na prensa diaria do século XIX, como na Revista Gallega da Coruña, dirixida por Galo Salinas.

Nas súas orixes, os betanceiros, despois dos tres días "grandes" das festas de San Roque, e despois ter elevado o globo de papel máis grande do mundo; acudían en barco a un campo situado nas marxes do río Mandeo para pasar unha tarde de merenda ao son das gaitas. Por tanto, podemos comprobar que nesta romaría non hai a máis mínima pegada de tipo relixioso (é unha festa absolutamente pagá).



Hoxe en día, a festa converteuse nunha troula sen fin á que acoden xentes de toda a comarca, e da Galiza en xeral, para desfrutar da música, do baile e, sobre todo, do viño.

Como xa se comentou, para desprazarse ao campo dos Caneiros utilízanse diversos medios: camiñando, no automóbil ou nas tradicionais barcas engalanadas para a ocasión.

Durante toda a tarde, e mentres a marea o permite, pódese vivir unha festa totalmente singular que remataExisten noticias da celebración desta festa na prensa diaria do século XIX, como na Revista Gallega da Coruña, dirixida por Galo Salinas.



Como xa se comentou, para desprazarse ao campo dos Caneiros utilízanse diversos medios: camiñando, no automóbil ou nas tradicionais barcas engalanadas para a ocasión.

Durante toda a tarde, e mentres a marea o permite, pódese vivir unha festa totalmente singular que remata, como non podía ser doutra maneira, cun espectáculo pirotécnico.




No hay comentarios:

Publicar un comentario